martes, 31 de marzo de 2020

Música 4º (Semana do 30 de marzo ao 3 de abril)

Bo día, 4º!Como estades? Agardo que siga todo moi ben. Aquí vos deixo a proposta de actividade para esta semana: o reto é aprender unha muiñeira

A muiñeira é un xénero musical de orixe galego, aínda que existen variantes noutras zonas de España.É unha danza rápida, viva, que se baila normalmente en grupo e de carácter festivo. Aínda que na clase non vimos este tipo de compás, cóntovos que adoita estar en 6/8 (seis por oito, o que quere dicir que hai seis corcheas por cada compás).

Déixovos aquí dous vídeos:Un tutorial co que aprender catro puntos (pasos) da muiñeira. Aceptades o reto? É moi divertido, sobre todo se o facedes en familia. Acabaredes sudando, iso seguro!Tamén vos deixo o audio da "Muiñeira de Chantada", para que o poñades de fondo e así bailar con el unha vez que dominedes os pasos. É só unha suxerencia, pois vale calquera outra muiñeira.










No hay comentarios:

Publicar un comentario