martes, 31 de marzo de 2020

Música 6º (Semana do 30 de marzo ao 3 de abril)

Aquí vos deixo a proposta de actividades de Música para esta semana. Para calquera dúbida, comentario ou actividade que me queirades mandar, xa sabedes que podedes escribirme ao correo electrónico.
​
Esta semana imos compoñer música. Preséntovos hoxe unha ferramenta para facelo. Chámase Incredibox, e trátase dunha app que nos permite crear música. Esta é a súa páxina, pero tamén podedes baixar a aplicación se dispoñedes dunha tablet ou doutro dispositivo móbil: https://www.incredibox.com/ Escollede un dos personaxes, dádelle a play e comezade a engadir elementos, a quitalos, a silencialos... podedes incluso gravar a vosa composición. Non hai que pagar nada para empregala, simplemente tedes que escoller a opción "try web version", ademais con motivo da corentena os creadores deixaron máis contido libre de pago para poder crear música desde casa. É moi divertido, xa veredes!





No hay comentarios:

Publicar un comentario