lunes, 27 de abril de 2020

Plástica 3º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio).

Ola! Esta semana deixo 2 propostas para que escollades soamente 1 delas (valorade que materiais tedes na casa, e pensade que moitos poden ser substituídos por outros como mais adiante explico...).

PROPOSTA 1: Portalapis Minion. 

Neste caso podemos empregar unha lata ou un envase con forma de cilindro. Se non tedes goma eva, pódese empregar cartulina. Tampouco é preciso facelo coa pistola de silicona, dependendo do material pode pegarse igualmente ou empregar algo que suxeite a base no interior. E se non tedes exactamente as cores que aparecen no vídeo podedes probar a facer o voso propio portalapis co que xa tedes na casa SEN NECESIDADE DE MERCAR NADA. Lembrade as 3 erres: reciclar, reutilizar e reducir!


PROPOSTA 2: Postal "En abril, aguas mil".

Pois si, xa é mala sorte que agora que podedes saír 1 horiña da casa teña que chover! Pero... e que xa o di o refraneiro, abril, é mes de chuvia. Pero imos tratar de seguir positivos e enviar unha mensaxe de ánimo cun paraugas moi colorido. Debaixo deste paraugas non hai quen se molle! 

So necesitades ver os dous primeiros minutos:



De novo, se non tedes folios de cores, simplemente pintade folios en branco de distintas cores e o efecto será o mesmo. 

Xa sabedes, escollede soamente un! E o portalapis pode ser moi distinto, animádevos a facelo persoal e orixinal co que teñades!





No hay comentarios:

Publicar un comentario