Trátase dunha suite composta por un dos compositores máis importantes da historia da música: Bach.
Escoitade de novo a obra musical seguindo co voso dedo os debuxos dos globos ao ritmo da obra. Fixádevos na estrutura da canción: ten primeiro unha parte A, que se repite, depois unha parte distinta que chamamos B, logo outra terceira parte distinta que sería C, logo desta repite a segunda idea B e remata coa idea C. Como vos pon na parte superior a obra segue a seguinte estrutura: A - A - B - C - B - C.
Posto que esta actividade é soamente de escoita non tedes que enviar nada en concreto ao correo, pero de plástica si, non vos esquezades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario