Os exercicios 2 e 3 non é posible facelos.
Na páxina 48 facemos a lectura da páxina e a continuación deixo unha serie de audicións para identificar os distintos tipos de guitarra e escoitar o baixo eléctrico (exercicio 1):
Guitarra flamenca ou española tocada por Paco de Lucía:
Dúas Guitarra acústica:
Guitarra eléctrica:
Baixo eléctrico:
O exercicio 2 non hai que facelo.
Xa por último, na páxina 49 tedes os debuxos para aprender o acompañamento con percusión corporal da canción "Eram sam sam". Neste vídeo explícanvos paso a paso como aprender o ritmo para acompañala (ao principio mostra o resultado final, pero despois vai facendo parte a parte para aprendelo):
Se podedes, pedide que vos graven facendo a percusión corporal sobre a canción e que mamá ou papá mande o vídeo ao correo electrónico. Esta semana soamente HABERÍA QUE MANDAR O VÍDEO INTERPRETANDO ERAM SAM SAM, xa que o outro son actividades de escoitar e ler.
Agardo saber de vós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario