Esta semana aprenderemos un pouco sobre Kandinsky, foi un pintor ruso e teórico da arte, precursor da abstracción na pintura e un dos artistas máis importantes do século XX. Poderedes coñecer máis sobre el no seguinte vídeo:
Como vedes Kandinsky emprega moito as formas xeométricas como base da súa pintura. Ao abrir o libro de plástica na páxina 65 veredes o cadro que foi explicado no vídeo anterior a partir do minuto 2.40. A proposta do libro é que recreedes o mesmo cadro no espazo que se vos proporciona nesa páxina, podedes escoller distintas cores e modificar a posición das formas xeométricas por exemplo.
Non é preciso que enviedes a tarefa, agás aquelas persoas que aínda non mandasen tarefa desde hai tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario