Esta semana aproveitando que faremos a audición que podedes seguir a través do musicograma das páxinas 76 e 77 do voso libro da "Danza de Albarellos" interpretada polo grupo Milladoiro, coñeceremos a este grupo de música tradicional e aproveitaremos para coñecer bandas e artistas de moitos estilos musicais distintos de Galicia.
Primeiro de todo comezarei presentando ao grupo Milladoiro.
Milladoiro é un grupo musical Galego de música folk celta, nacido a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional "Faíscas do Xiabre" cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Ademais Milladoiro está considerado como un dos grupos de música "Celta" máis valorados internacionalmente e tocou con "The Chieftains" en numerosas ocasións. Entre outros moitos grupos de recoñecido prestixio!
A continuación imos escoitar a Danza de Albarellos seguindo o esquema do musicograma do libro.
Como seguro que xa vos distes conta hai un instrumento que destaca sobre os demais e que introduce a canción, chámase ocarina.
Agora que xa coñecedes máis sobre Milladoiro, déixovos un pdf no que poderedes coñecer moitísimas bandas e artistas galegos/as que fan desde electrónica, rock, jazz, música de autor... é un pdf interactivo, polo que cada vez que pulsedes sobre o nome do/da artista poderedes escoitalos a través do youtube:
https://drive.google.com/file/d/1zv-OjVhn380MwoXsD_B6Sum2093RewMK/view?usp=sharing
Apertas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario