martes, 17 de marzo de 2020

Música 2º

Ola nenas e nenos de 2º A e 2º B! Que tal estades a pasar estes primeiros días na casiña? Agardo que esteades a aproveitar o tempo cos vosos familiares. Gustaríame que quen queira deixe un comentario nesta entrada contando que lle gustaría aprender novo estes días relacionado coa música (un baile concreto, aprender máis sobre un instrumento, un compositor, a tocar ou fabricar instrumentos....). Polo de pronto déixovos uns vídeos para practicar ritmo con palmas e outros con bailes dos que facemos na aula (lembrade que hai que moverse moito aínda que esteamos dentro de casa).


Lectura rítmica con palmas (ou outros materiais que atopemos por casa para levar o ritmo):





Bailes:










E se queredes tocar o piano ou o xilófono de maneira virtual e mesmo compoñer algunha canción podedes probar neste enlace:https://toytheater.com/category/music/?fbclid=IwAR1J8O6Bq2A9YbklMOiiZ1CzF5if7Se-VNqxj0ATNziVWGOqTxhVKKSF9HY

6 comentarios:

  1. Moitas grazas, Catuxa!
    Mans á obra... e que o ritmo non pare!

    ResponderEliminar
  2. Ola catuxa son manu gracias moitas gracias

    ResponderEliminar
  3. Ola catuxa son manu gracias moitas gracias

    ResponderEliminar
  4. Ola Catuxa son Nerea, vamos a mover ahora o esqueleto.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xenial Nerea! Se atopas outro baile que che guste moito non dubides en compartilo con todos nós.

      Eliminar