martes, 17 de marzo de 2020

Música 3º


Ola terceiro! A profe Catuxa irá colgando recursos de música e plástica para que os poidades revisar nestes días nos que toca quedar na casiña.


Aproveitade para escoitar música (tanto a que coñecedes coma a que non, sempre se descubren cousas moi interesantes!) Incluso, se dispoñedes dalgún outro instrumento na casa, por que non vos animades a aprender algunha canción nova? Polo de pronto deixo a continuación uns enlaces para que non deixedes a música de lado estes días:


A primeira proposta é sinxela. Cónstame que vos gusta a canción de Tusa, así que podedes probar a fabricar un xilófono caseiro no que soamente necesitaredes auga e vasos de cristal. Mirade que resultado tan chulo: 


E que tal se despois disto facemos memoria? é un bo momento para facer unha listaxe de "cancións da nosa vida": https://view.genial.ly/59b6ba5c6882b71158cf31dd/interactive-content-10-grandes-canciones   Podedes facer a vosa elección e escribila nesta entrada nos comentarios ;) 

Tampouco nos podemos esquecer de bailar!!! Podedes buscar no youtube coreografías, na canle Just dance por exemplo. A miña proposta para esta semana é esta coreografía para o tema "Bad guy" de Billie Eilish: 


                                          

Calquer cousiña podedes escribir a artisticabembibreprimaria@gmail.com

Coidádevos moito, 
Catuxa.







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario