Agora que xa tedes na casa o libro de música e a frauta imos repasar dúas notas que xa sabíades tocar nela: a nota mi grave e o fa grave. Tedes o recordatorio da súa colocación na páxina 50:
No caso da primeira canción "Dialogamos con la nota MI" facemos soamente as notas que aparecen en cor negro e agardamos en silencio nos compases 3, 4, 7, 8, 11, 12 15 e 16. Estamos nun compás de dous por catro, polo que tedes que respectar eses dous tempos en silencio en cada compás. A parte que está en vermello sería a "resposta" que neste caso tocaríaa eu, polo tanto non a tendes que aprender.
A continuación aparece un exercicio para practicar cos xilófonos na aula, polo que ese exercicio ímolo saltar, xa que non podemos facelo.
Por último aparece a canción "Yo no sé". Podemos probar a aprender a parte correspondente á frauta (pentagrama superior). Primeiro de todo observamos a partitura. Debemos ter en conta varias cousas:
1. Está escrita nun compás binario (dous por catro).
2. A figuración empregada son negras, corcheas e ao final aparece un silencio de negra.
3. Ao final da partitura aparecen os dous puntos antes da dobre barra de compás, isto significaba que temos que repetir desde o principio.
4. Na frauta antes de tocala teño que saber colocar as notas: mi, sol, fa e la. Soamente esas 4 que son as que aparecen na partitura.
5. Antes de poñerme a tocar directamente hai que ir paso a paso: primeiro anoto a lápis o nome das notas debaixo se o necesito (sempre é recomendable), palmeo o ritmo, solfexo a partitura, unha vez interiorizado o ritmo coas notas ditas en voz alta a un tempo correcto - que non ten que ser rápido - paso a colocar a frauta debaixo da boca (no queixo) e movendo os dedos vou dicindo as notas que vou colocando na frauta ao tempo correcto e xa por último facémolo soprando.
Por último, e non menos importante, por favor respectade o descanso dos vosos familiares e non toquedes a frauta en exceso, que nestes días fai falta tranquilidade e calma, algo ás veces incompatible con aprender a tocar a frauta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario