Como aparece no vídeo, os termos que empregamos en música para referirnos á velocidade foron tomados do italiano. En resumo, tal e como vos aparece no voso libro (páxina 45) entendemos que unha obra debe ser interpretada máis rápido ou lento dacordo o tempo indicado:
O exercicio 1 imos a deixalo sen facer xa que non temos os audios das distintas velocidades da peza "Xa fun a Marín", mais déixovos un enlace para escoitala e desfrutar dela:
O exercicio 2 si que o podemos facer. Trátase de escoller entre dous tempos para cada unha das obras que escoitamos. Marcaremos cunha cruz a opción que consideremos que se corresponde máis. A continuación deixo os enlaces para escoitar cada unha das pezas:
EL VUELO DEL MOSCARDÓN (N. RIMSKY - KORSAKOV)
É lento ou prestissimo? Marcade a opción correcta no voso libro.
LA DANZA MACABRA (C.SAINT-SAËNS)
Presto ou Adagio?
EL OTOÑO (A. VIVALDI)
Andante ou quizais... allegro?
Xa por último explícovos o que atoparedes na páxina 46. O exercicio 1 consiste en recitar un trabalinguas : "As miñas guedellas". Está en tempo ternario (compás de tres por catro) e ten un ritmo moi sinxelo. Deberedes recitalo en tempo: lento, andante e prestissimo. A ver se sodes capaces de recitalo en prestissimo sen equivocarvos! Podedes retar a alguén de casa a facelo en prestissimo!
O último exercicio desa páxina consiste en colocar a letra debaixo da partitura para "Ratón que te pilla el gato". Se vos fixades no recitado anterior "As miñas guedellas" cada figura musical ten debaixo unha única sílaba, ou como moito dúas unidas co guión que é o fenómeno coñecido como sinalefa (admite a unión de palabra rematada en vogal con palabra que comeza en vogal tamén). Para ratón que te pilla el gato deberedes ter en conta esta regra de sílaba - nota para que a canción sexa cantable. Por último vós mesmos/mesmas decidiredes a que tempo interpretala: allegro, andante ou prestissimo.
E ata aquí as propostas desta semana, para calquer dúbida escribide a artisticabembibreprimaria@gmail.com ou se queredes mandar foto das páxinas feitas.
Boa semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario