Esta semana imos comezar a parte correspondente ao terceiro trimestre do libro de plástica. Imos traballar cousas que xa fixemos outras veces, ou en cursos anteriores e ireivos explicando as dúbidas que poidan xurdir ao non poder explicalo en inglés en persoa. Dito isto, abrimos o libro na páxina 59.
mmmmm que rica a froita! A min préstame moito comer 5 pezas de froita e verdura ao día para estar forte e coidarme, e a vós? Polo momento antes de comela imos debuxala.
O enunciado do exercicio di o seguinte "Observa a primeira imaxe e debuxa e colorea a froita. Engade sombras para crear profundidade, como na segunda imaxe". Necesitarás polo tanto un lápis e unha goma para debuxar seguindo as liñas que xa che dan como punto de partida e tamén necesitarás lápices de cores. Fíxate que nas partes onde a froita recibe máis luz son máis clariñas e se nos fixamos tamén hai que ter coidado con debuxar as sombras sempre na mesma dirección.
Como curiosidade no "Did you know...?" coñecemos o dato de que unha maceira pode producir ata 400 mazás ao ano! Carai! Cantas mazás!
Unha vez que remates a páxina 59 pide a mamá ou papá que lle saquen unha foto e ma envíen por correo a artisticabembibreprimaria@gmail.com
Boa semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario