domingo, 7 de junio de 2020

Música - todos os cursos (Semana do 8 ao 12 de xuño)

¡Hola! Esta semana os lanzo un reto: componer una canción del verano utilizando Song Maker, que es una aplicación que os cuento a continuación cómo se utiliza. Algunos de vosotros/as ya la conocéis porque ya os he hablado de ella, pero siempre está bien repasar o conocer nuevas funciones del Song Maker. 


Características de Song Maker:

  • 5 sonidos diferentes para la parte melódica: Marimba, piano, sintetizador, viento y cuerdas.
  • 4 sonidos diferentes para la parte rítmica: Electrónica, caja china, conga y batería.
  • Modificación del Tempo.
  • Configuración de algunos parámetros musicales en la sección settings: nº de compases, nº de tiempos (compás), tipo de escala, tonalidad y ámbito melódico de 1 o 2 octavas.
  • Reproductor para ir escuchando las composiciones.
  • Tecla undo para quitar lo último que se ha escrito y tecla save para terminar la composición y compartirla en Internet. No permite descargar la canción final en archivo pero si debería de dejaros compartir un link. 


A esto hay que añadirle la posibilidad de grabar la propia voz, lo cual aumenta y enriquece las opciones de la  herramienta. 

A continuación podéis ver unas capturas de pantalla de las características de Song Maker.

 




Si os animáis me gustaría escuchar vuestro hit veraniego... ¡Seguro que me sorprende! Para ello solamente sería necesario el envío del link al correo electrónico. ESTA TAREA ES OPCIONAL. 



Aquí también os dejo unos tutoriales para entender mejor su funcionamiento: 






Si os ha gustado y queréis seguir explorando otras herramientas de composición musical o simplemente relacionadas con la música a continuación os dejo una recapitulación de algunas geniales. Tened en cuenta que dependiendo del sistema operativo del ordenador, tablet o teléfono podréis utilizar algunas y otras no. 


Aquí más ejemplos de aplicaciones interesantes:



Ánimo! El curso se acaba muy pronto!

Plástica - todos os cursos (Semana do 8 ao 12 de xuño)

Esta semana propoño ver unha serie de vídeos realizados polo Museo do Prado a través dos cales poderemos coñecer moitas curiosidades sobre distintas obras que se atopan expostas alí.





Boa semana!

lunes, 1 de junio de 2020

Música 6º (Semana do 1 ao 5 de xuño)


Benvidos/as unha semana máis ao blogue.
Esta semana aproveitando que faremos a audición que podedes seguir a través do musicograma das páxinas 76 e 77 do voso libro da "Danza de Albarellos" interpretada polo grupo Milladoiro, coñeceremos a este grupo de música tradicional e aproveitaremos para coñecer bandas e artistas de moitos estilos musicais distintos de Galicia.
Primeiro de todo comezarei presentando ao grupo Milladoiro.




Milladoiro é un grupo musical Galego de música folk celta, nacido a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional "Faíscas do Xiabre" cos músicos Antón Seoane e Rodrigo  Romaní. Ademais Milladoiro está considerado como un dos grupos de música "Celta" máis valorados internacionalmente e tocou con  "The Chieftains" en numerosas ocasións. Entre outros moitos grupos de recoñecido prestixio!


A continuación imos escoitar a Danza de Albarellos seguindo o esquema do musicograma do libro.





Como seguro que xa vos distes conta hai un instrumento que destaca sobre os demais e que introduce a canción, chámase ocarina.



Agora que xa coñecedes máis sobre Milladoiro, déixovos un pdf no que poderedes coñecer moitísimas bandas e artistas galegos/as que fan desde electrónica, rock, jazz, música de autor... é un pdf interactivo, polo que cada vez que pulsedes sobre o nome do/da artista poderedes escoitalos a través do youtube: 


https://drive.google.com/file/d/1zv-OjVhn380MwoXsD_B6Sum2093RewMK/view?usp=sharing

Apertas!





Música 5º (Semana do 1 ao 5 de xuño)



Este curso xa víramos a clasificación dos aerófonos imos a repasalos coa lectura das páxinas 62 e 63 do libro. Para escoitalos deixo unha serie de audicións a continuación. Non é preciso mandar tarefa ao correo esta semana. Ánimo que soamente quedan 3 semaniñas de curso! 


Aerófonos de madeira:

Aerófonos de metal: 




domingo, 31 de mayo de 2020

Música 4º (Semana do 1 ao 5 de xuño)

Ola!

Esta semana déixovos unha proposta de percusión corporal sinxela para acompañar a coñecidísima canción "Dance Monkey". Non é preciso que enviedes esta semana nada ao correo. Agardo que vos divirtades practicándoa.


Música 3º (Semana do 1 ao 5 de xuño).

Ola terceiro!

Seguro que lembrades a canción que bailastes no entroido este curso: Eye of the tiger. Esta semana déixovos un vídeo para aprendela coa frauta, e soamente é necesario repasar 3 notas que xa sabedes: a nota si, a nota la e a nota sol.


A practicar! (Non fai falta que enviedes nadaesta semana).

Música 2º (Semana do 1 ao 5 de xuño).

Boas! Esta semana deixo unha actividade cunha canción que lles sonará especialmente aos nenos e nenas de 2º A, pero que os de 2º B tamén coñecedes seguro. A canción é da película O rei León. Esta vez en vez de bailala imos facer percusión corporal con ela.

Atentos e atentas ao vídeo!


Non fai falta que enviedes esta semana nada.

Apertas.

Música 1º (Semana do 1 a 5 de xuño).

Ola! Esta semana vos propoño unha actividade para cantar e acompañar con percusión corporal. Recoméndovos que vexades escoitando con atención primeiro o vídeo unhas cantas veces para ir memorizando a melodía e a letra e despois vos animedes  a acompañalo coa percusión no corpo como vedes no vídeo.


Non é preciso enviar isto como tarefa. Que teñades boa semana!

Plástica 5º (Semana do 1 ao 5 de xuño).

Benvid@s unha semana máis!
Esta semana aprenderemos un pouco sobre Kandinsky, foi un pintor ruso e teórico da arte, precursor da abstracción na pintura e un dos artistas máis importantes do século XX. Poderedes coñecer máis sobre el no seguinte vídeo: 





Como vedes Kandinsky emprega moito as formas xeométricas como base da súa pintura. Ao abrir o libro de plástica na páxina 65 veredes o cadro que foi explicado no vídeo anterior a partir do minuto 2.40. A proposta do libro é que recreedes o mesmo cadro no espazo que se vos proporciona nesa páxina, podedes escoller distintas cores e modificar a posición das formas xeométricas por exemplo. 

Non é preciso que enviedes a tarefa, agás aquelas persoas que aínda non mandasen tarefa desde hai tempo. 

Plástica 3º (Semana do 1 ao 5 de xuño).

Boas!

Esta semana podemos realizar a páxina 69. Para facela utilizaremos anaquiños de papel para facer a forma do autobús e da estrada (como vedes na figura 1), despois empregando rotuladores engadiremos os detalles do bus e as liñas na estrada como vedes na figura 2. 

Non é preciso que mandedes foto da tarefa.

Plástica 2º (Semana 1 ao 5 de xuño)

Bo día!

A proposta de esta semana é realizar a páxina 72. É unha desas paxinas en branco que nos deixa máis liberdade para crear e inventar. Esta semana gustaríame que cada un / unha fixera un debuxo libre cos materiais que queira e sobre o tema que prefira.

Non é preciso enviar foto desta tarefa.

Un saúdo.

Plástica 1º (Semana do 1 ao 5 de xuño).

Ola de novo! Comezamos o último mes do curso. Ánimo que queda pouquiño!

Esta semana propóñovos facer as páxinas 71 e 73 que están relacionadas. Consiste en recortar as pezas que compoñen o cadro e pegalas na 73 seguindo a orde do cadro de Sorolla. 

Non é preciso enviar foto da tarefa.