A continuación deixamos algunhas ideas fáciles para celebrar a entrada na primavera. Probade!
martes, 31 de marzo de 2020
Plástica 1º e 2º
Spring is here! A Primavera xa chegou!
A continuación deixamos algunhas ideas fáciles para celebrar a entrada na primavera. Probade!
A continuación deixamos algunhas ideas fáciles para celebrar a entrada na primavera. Probade!
Plástica 3º e 4º
Ola! Para esta semana como actividade opcional deixamos unha proposta para conseguir crear unha ilustración mediante técnica collage:
Para facelo debedes colorear primeiro os elementos que compoñen a lámina, como vós queirades. Despois tendes que cortar cada un deles e pegalos nun folio intentando facer unha composición equilibrada, é dicir que non estean todos os recortes nunha parte do folio, por exemplo.
Esta é a lámina para imprimir en branco e negro (se non hai impresora na casa podedes probar a debuxalo!). Como vedes os debuxos son parecidos aos da primeira imaxe porque foron feitos pola mesma ilustradora pero esta vez debuxou figuras diferentes. Intenta crear a túa composición sendo o máis orixinal posible (emprega lápices de cores, rotuladores, acuarelas, cartón, anacos de revistas vellas...). Lembrade cando fixemos na clase o collage da paisaxe de costa, na cal mesturábamos moitos materiais distintos e quedaba moi chulo!
Nota: para obter mellor calidade de imaxe podemos ampliala pinchando nela.
Aqueles e aquelas que se animen a facer a súa lámina collage pode enviala por correo a través dos familiares.
Saúdos!
Plástica 5º e 6º
Presentámosvos a unha habitante moi especial do monte Gaiás: a raposa Fedella. Astuta, intelixente e seareira da arte. Ademais é moi pícara, xa que non para de argallar pescudas e retos, créndose infalible.
Mais para habilidosos e enxeñosos van estes desafíos creativos e artístiscos ao redor do seu tema e sitio favorito da Cidade da Cultura: o Museo Gaiás.
Na seguinte ligazón atoparedes toda a información e retos a resolver (contén un pdf descargable coas actividades). A ver se sodes quen de resolver o enigma!
Música 6º (Semana do 30 de marzo ao 3 de abril)
Aquí vos deixo a proposta de actividades de Música para esta semana. Para calquera dúbida, comentario ou actividade que me queirades mandar, xa sabedes que podedes escribirme ao correo electrónico.
Esta semana imos compoñer música. Preséntovos hoxe unha ferramenta para facelo. Chámase Incredibox, e trátase dunha app que nos permite crear música. Esta é a súa páxina, pero tamén podedes baixar a aplicación se dispoñedes dunha tablet ou doutro dispositivo móbil: Escollede un dos personaxes, dádelle a play e comezade a engadir elementos, a quitalos, a silencialos... podedes incluso gravar a vosa composición. Non hai que pagar nada para empregala, simplemente tedes que escoller a opción "try web version", ademais con motivo da corentena os creadores deixaron máis contido libre de pago para poder crear música desde casa. É moi divertido, xa veredes!
Música 5º (Semana do 30 de marzo ao 3 de abril)
Artista: Dua Lipa
Canción: Don't start now
Banda: Imagine Dragons
Canción: Believer
Artista: Billie Eilish
Canción: Ocean Eyes
Que tendes que facer esta semana? Resumindo:
1. Escoitar estas 3 cancións con auriculares e reflexionar sobre as preguntas do apartado laranxa. Non fai falta enviar as respostas, mais se queredes enviarme as impresións sobre a música 8D estarei encantada de recibir os comentarios no correo electrónico ou aquí mesmo nun comentario.
2. Se vos gusta a experiencia buscade as vosas cancións favoritas no youtube en 8D, seguramente teñades sorte e as atopedes neste formato. De ser así, animádevos a compartilas nos comentarios desta entrada do blogue. Deste modo crearei unha lista de cancións entre todos e todas os da clase.
Saúdos!
Música 4º (Semana do 30 de marzo ao 3 de abril)
Bo día, 4º!Como estades? Agardo que siga todo moi ben. Aquí vos deixo a proposta de actividade para esta semana: o reto é aprender unha muiñeira.
A muiñeira é un xénero musical de orixe galego, aínda que existen variantes noutras zonas de España.É unha danza rápida, viva, que se baila normalmente en grupo e de carácter festivo. Aínda que na clase non vimos este tipo de compás, cóntovos que adoita estar en 6/8 (seis por oito, o que quere dicir que hai seis corcheas por cada compás).
Déixovos aquí dous vídeos:Un tutorial co que aprender catro puntos (pasos) da muiñeira. Aceptades o reto? É moi divertido, sobre todo se o facedes en familia. Acabaredes sudando, iso seguro!Tamén vos deixo o audio da "Muiñeira de Chantada", para que o poñades de fondo e así bailar con el unha vez que dominedes os pasos. É só unha suxerencia, pois vale calquera outra muiñeira.
Música 3º (Semana do 30 de marzo ao 3 de abril)
Boas rapaces e rapazas de terceiro! Que tal vos foi coa canción do hip hop? Gustouvos? Se lembrades ben, a semana pasada dixen que cada semana veríamos algo dun estilo musical distinto. Esta semana imos traballar a música pop. Este xénero musical procede da "arte pop", para entender un pouco a relación entre a arte pop e a música pop que naceu despois déixovos o seguinte conto:
Son moitos os artistas e bandas que decidiron facer música pop por ter melodías moi pegadizas que non podes evitar cantar e tatarear. A banda inglesa The Beatles foi o grupo máis importante da música pop, pero a día de hoxe moitos dos artistas que escoitamos tamén fan música pop.
Queredes saber como sonaban? Aquí vos deixo unha selección de cancións deles para escoitar mentres xogades, axudades nas tarefas da casa...
Boa semana!
lunes, 30 de marzo de 2020
Música 2º (Semana do 30 de marzo ao 3 de abril)
Que tal estades? A semana pasada recibín algún vídeo que outro poñendo en práctica os ritmos de batería que vos propuxen. Encantáronme! Para esta semana imos seguir intentando facer música con cousas que temos na casa. Non fai falta ter instrumentos caros para facer música, todo é cuestión de poñerlle ganas e a vós diso non vos falta nadiña!
Estaredes a preguntarvos con que podemos facer música e que todos temos na casa, verdade? Pois para esta semana propoño acompañar unha canción con culleres e garfos. Poden ser empregados para percutir contra vasos, superficies de madeira etc... Para facelo déixovos un ritmograma (vídeo onde vemos cando hai que tocar cada instrumento) cunha canción moi bonita chamada "Ronsel".
Nota: as culleres non teñen que ser necesariamente de madeira.
ÁNIMO E MÚSICA!
Música 1º (Semana do 30 de marzo ao 3 de abril).
Bo día! Aquí vos deixo o segundo capítulo das "Aventuras de Jordiet".
Agardo que vos guste!
martes, 24 de marzo de 2020
Música 6º (Semana do 23 ao 29 de marzo)
Bo martes! Como foi a semana? Gustaríame que os/as que teñades problemas coa canción para frauta da semana pasada me escribades e vexamos como resolvelo.
Para esta semana deixo unha actividade máis movida: unha coreografía do coñecidísimo "We will rock you" do grupo Queen. Animádevos a facela en familia!
Música 5º (Semana do 23 ao 29 de marzo)
Bo día chicos, agardo que esteades todos ben dentro do ben que se pode estar nesta situación. Gustaríame que se algún rematou a letra da canción trate de enviarma por medio dun adulto ao correo electrónico para botarlle un ollo. Lembrade que o proxecto de composición para o día do libro segue en pé.
Para aquelas persoas que xa remataran as letras deixo a seguinte actividade que é moi interesante sobre arquitectura e música. Foi elaborada con moito esforzo por outra profe doutro cole polo que vos deixo a ligazón da súa páxina aquí: https://patrifulca.wixsite.com/arquimusicaxeral
Está todo moi ben explicado pero se queredes poñelo en práctica e tedes dúbidas contactade comigo.
Saúdos desde Compostela e boa semana!
Música 4º (Semana do 23 ao 29 de marzo)
Ola! Para esta semana propoño algo colaborativo entre toda a clase: crear unha playlist conxunta de videos musicais, é dicir unha lista de videoclips que nos gusten entre todos e todas.
Como lembrades, cando temos tempo adicamos algún tempo a escoitar audicións propostas por vós, pero moitas veces dado que soamente temos 50 minutos de clase á semana non temos tempo suficiente, por iso, pensei que é un bo momento para aproveitar o tempo que agora temos desde casa.
Como facelo? Moi sinxelo. Cada un/unha escribirá os títulos e autores da canción nun comentario (con supervisión dalgún adulto que estea na casa).
Cantas cancións debo escoller? 5 cancións cos seus respectivos autores, xa que se trata dun TOP 5.
Podo repetir artista? Si, pero canto máis variedade mellor, así coñeceremos entre todos/as máis música.
Como crear a playlist? A lista será creada pola profe unha vez que reciba os títulos das vosas cancións. Vós non tedes que facer nada máis que escribir 5 títulos de cancións e quen as interpreta.
Para que quede claro comezo eu deixando o meu comentario con 5 cancións que escoito bastante nos últimos días.
lunes, 23 de marzo de 2020
Música 3º (Semana do 23 ao 29 de marzo)
Boas! Para as vindeiras semanas en terceiro traballaremos distintos estilos musicais. Comezamos polo hip hop esta semana, para iso elaborei unha proposta que vos deixo a continuación.
Nota: Se tedes problema para ler as imaxes premede nelas e ampliaranse.
Nota: Se tedes problema para ler as imaxes premede nelas e ampliaranse.
Aquí tendes a canción:
Podedes pedirlle a mamá ou papá que envíe un vídeo cantando, bailando ou ambas cousas ao correo electrónico deste blogue. Moito ánimo!
Música 2º (Semana do 23 ao 29 de marzo)
A proposta para esta semana leva máis ritmo que nunca! Imos fabricar unha batería caseira e aprender unha canción. Sabedes que moitos baterías profesionais comezaron na casa tocando sobre cartón, plástico etc.? Ás veces temos que recurrir á imaxinación para facer grandes cousas. Vouvos deixar un vídeo coa canción e unha serie de recomendacións que considerei para poder facelo.
As miñas recomendacións para pasar á acción:
Música 1º (Semana do 23 ao 29 de marzo)
A proposta para esta semana é ver e escoitar con moita atención "Las aventuras de Jordiet". Neste primeiro capítulo abordaremos a altura dos sons. Vemos o vídeo e despois tratamos de contestar ás preguntas sobre el:
Como se chaman os dous protagonitas?
Onde viven?
Que lle pide o alcalde a Jordiet?
Podes describir o que se escoita cando Jordiet sube a montaña?
E como describirías o son que se escoita cando a baixa?
Como remata o conto?
........................................
Agardo as respostas! A semana que vén colgarei as solucións e o segundo capítulo das Aventuras de Jordiet.
A coidarse moito!
Plástica 5º e 6º
Nestes días, nos que temos que quedar na casa, seguramente escoitar falar de viaxar a outros sitios parécenos algo imposible. Por sorte, grazas a internet, podemos viaxar a través da rede a outros lugares. É o caso dos museos. Moitos dos museos máis importantes do mundo deixan visitar as súas obras de arte a través de tours virtuais. Apetéceche unha viaxe ao Louvre de París ou ao British Museum londinense? Pois velaquí van unhas ligazóns para que poidades visitalos.
Hai moitos museos máis que ofrecen esta oportunidade. Podedes investigar sobre isto, elexir unha obra de arte que vos guste tras realizar o tour online...
Plástica 3º e 4º
Bo día!!!
Hoxe deixo uns titoriais para aprender a debuxar distintos animais a lápis. Soamente necesitaredes algo de papel , lápis e goma. Seguide os pasos como se mostra nos vídeos.
Aprende a debuxar un oso polar:
Hoxe deixo uns titoriais para aprender a debuxar distintos animais a lápis. Soamente necesitaredes algo de papel , lápis e goma. Seguide os pasos como se mostra nos vídeos.
Aprende a debuxar un oso polar:
Aprende a debuxar un elefante:
Despois podedes pintalos cos materiais que queirades, ou aplicar a técnica collage (mediante recorte de revistas, anacos de papeis de cores...).
Podedes pedir a alguén da vosa familia que envíe o resultado final ao correo electrónico. Gustaríame recibir os resultados!
jueves, 19 de marzo de 2020
Plástica - todos os cursos
Libro para colorear (imprimible) ou simplemente para a súa lectura sobre a importancia de quedar na casa durante estes días. Versións en inglés e español descargable aquí (para quen poida ou lle preste facelo): https://www.dalmaus.com/mision-quedarse-en-casa
miércoles, 18 de marzo de 2020
Música 6º
Ola! Para a clase que tiñamos prevista esta semana, se lembrades, tiñamos previsto aprender unha canción nova coa frauta. Deixo a partitura da popular composición de Beethoven para que todo aquel que levou a frauta para casa poida empezar a aprendela pola súa conta. Dadas as circunstancias, xa que seguramente algúns de vós non a teña na casa deixo outras actividades alternativas.
Se premedes nas imaxes poderedes velas en maior tamaño e facilitará a lectura de notas.
Se premedes nas imaxes poderedes velas en maior tamaño e facilitará a lectura de notas.
Lembrade que o fa é sempre sostenido xa que aparece na armadura (ao comezo da partitura). O fa sostenido na frauta era así:
Para todos os que non teñan a frauta na casa podedes probar a acertar este "pasapalabra" de instrumentos musicais:
Ante calquer dúbida podedes escribir un correo electrónico a artisticabembibreprimaria@gmail.com ou deixar un comentario a continuación.
Música 5º
Bo día clase de quinto! Como sabedes temos pendente a gravación da canción por grupos para conmemorar o día do libro. Aínda así, algún grupo non rematara a letra para a súa composición. A pesar de que esteades separados e non a podedes facer en grupos, como na aula, cada un/unha pode escribir unha estrofa (catro versos aproximadamente). Deste modo, cando voltemos ás aulas poderemos xuntar as aportacións de cada un e poder gravar as cancións. Lembrade que sen a letra rematada non podemos finalizar o proceso de composición. A continuación deixo o resumo da presentación que vimos na clase para lembrar os pasos que fumos seguindo e que vos poden axudar a escribir esa letra pendente (no caso daqueles que non a remataron). Tamén é importante para todos aqueles que queiran animarse a facer unha canción nova desde cero.
Podedes visitar:
Podedes mandar as vosas letras de cancións para ir revisando a artisticabembibreprimaria@gmail.com (tanto as do día do libro como as cancións propias sobre calquer temática que vos animedes a facer nestes días).
Ao longo dos seguintes días tratarei de colgarvos máis recursos online para animarvos a compoñer e que son tan divertidos ou máis que o Incredibox, que xa coñecedes. Ánimo, vémonos en nada ;)
Música 4º
Para repasar a colocación das notas no pentagrama podemos realizar o seguinte test online:https://www.educaplay.com/learning-resources/1036037-notas_musicales.html?fbclid=IwAR0TwXPEe8QnoM2n0mRb5EV4GqDR75Xe-qU0sdSUeIQKBNVHKD7TdiBn0IQ
É un bo momento tamén para realizar algunha pequena composición, mediante instrumentos virtuais como o piano ou o xilófono: https://toytheater.com/category/music/?fbclid=IwAR0TqJLYjS7QOYIs1FyXuNkMAqcjqTMhN5Kyi8dqmffyGPh1u04pjDg0qmU
Seguimos ;)
martes, 17 de marzo de 2020
Música 3º
Ola terceiro! A profe Catuxa irá colgando recursos de música e plástica para que os poidades revisar nestes días nos que toca quedar na casiña.
Aproveitade para escoitar música (tanto a que coñecedes coma a que non, sempre se descubren cousas moi interesantes!) Incluso, se dispoñedes dalgún outro instrumento na casa, por que non vos animades a aprender algunha canción nova? Polo de pronto deixo a continuación uns enlaces para que non deixedes a música de lado estes días:
A primeira proposta é sinxela. Cónstame que vos gusta a canción de Tusa, así que podedes probar a fabricar un xilófono caseiro no que soamente necesitaredes auga e vasos de cristal. Mirade que resultado tan chulo:
E que tal se despois disto facemos memoria? é un bo momento para facer unha listaxe de "cancións da nosa vida": https://view.genial.ly/59b6ba5c6882b71158cf31dd/interactive-content-10-grandes-canciones Podedes facer a vosa elección e escribila nesta entrada nos comentarios ;)
Tampouco nos podemos esquecer de bailar!!! Podedes buscar no youtube coreografías, na canle Just dance por exemplo. A miña proposta para esta semana é esta coreografía para o tema "Bad guy" de Billie Eilish:
Calquer cousiña podedes escribir a artisticabembibreprimaria@gmail.com
Coidádevos moito,
Catuxa.
Música 2º
Ola nenas e nenos de 2º A e 2º B! Que tal estades a pasar estes primeiros días na casiña? Agardo que esteades a aproveitar o tempo cos vosos familiares. Gustaríame que quen queira deixe un comentario nesta entrada contando que lle gustaría aprender novo estes días relacionado coa música (un baile concreto, aprender máis sobre un instrumento, un compositor, a tocar ou fabricar instrumentos....). Polo de pronto déixovos uns vídeos para practicar ritmo con palmas e outros con bailes dos que facemos na aula (lembrade que hai que moverse moito aínda que esteamos dentro de casa).
Lectura rítmica con palmas (ou outros materiais que atopemos por casa para levar o ritmo):
Lectura rítmica con palmas (ou outros materiais que atopemos por casa para levar o ritmo):
Bailes:
E se queredes tocar o piano ou o xilófono de maneira virtual e mesmo compoñer algunha canción podedes probar neste enlace:https://toytheater.com/category/music/?fbclid=IwAR1J8O6Bq2A9YbklMOiiZ1CzF5if7Se-VNqxj0ATNziVWGOqTxhVKKSF9HY
Música 1º
Bo día! A profe Catuxa deixa aquí uns vídeo para que poidades bailar como facemos na clase.
Se despois de bailar inda tedes enerxía para fabricar un instrumento musical caseiro con material de refugallo podedes botarlle un ollo a estas ideas: https://instrumentosmusicales10.net/instrumentos-musicales-material-reciclado?fbclid=IwAR3oD7rvWh9coKqGG_wzditp3dMZa0lb10gFCK9T2yvm8KptMehdVMQ6LIE
Podedes deixar un comentario aquí comentando que canción vos gustou máis e algunha foto do voso instrumento caseiro. Para calquer dúbida podedes escribirme desde o correo electrónico dalgún dos vosos familiares a artisticabembibreprimaria@gmail.com
Suscribirse a:
Entradas (Atom)