lunes, 27 de abril de 2020

música 6º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio).

Bo día! Agardo que desde onte que podedes saír un pouco á rúa a cousa vaia mellor! 

Para esta semana, dado que xa tedes os libros de música na casa imos centrarnos nas páxinas 58 e 59.
Nelas coñecemos máis sobre os instrumentos aerófonos (os que anteriormente coñecíamos como instrumentos da familia de vento). Lede con atención as dúas páxinas e reparade nas características de cada instrumento. 

Por último pasamos a escoitalos: 

1. AERÓFONOS DE MADEIRA:

2. AERÓFONOS DE METAL:


Boa semana a todas e todos!

Música 5º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio).

Ola! Dado que xa tedes os libros de música na casa esta semana imos facer dúas páxinas del: as páxinas 45 e 46. Ambas están relacionadas xa que abordan o chamado "tempo musical". Para entender un pouco mellor o concepto de tempo, necesitaredes ver primeiro este vídeo:


Como aparece no vídeo, os termos que empregamos en música para referirnos á velocidade foron tomados do italiano. En resumo, tal e como vos aparece no  voso libro (páxina 45) entendemos que unha obra debe ser interpretada máis rápido ou lento dacordo o tempo indicado:



O exercicio 1 imos a deixalo sen facer xa que non temos os audios das distintas velocidades da peza "Xa fun a Marín", mais déixovos un enlace para escoitala e desfrutar dela:




O exercicio 2 si que o podemos facer. Trátase de escoller entre dous tempos para cada unha das obras que escoitamos. Marcaremos cunha cruz a opción que consideremos que se corresponde máis. A continuación deixo os enlaces para escoitar cada unha das pezas:

EL VUELO DEL MOSCARDÓN (N. RIMSKY - KORSAKOV)



É lento ou prestissimo? Marcade a opción correcta no voso libro.

LA DANZA MACABRA (C.SAINT-SAËNS)



Presto ou Adagio?

EL OTOÑO (A. VIVALDI)



Andante ou quizais... allegro?

Xa por último explícovos o que atoparedes na páxina 46. O exercicio 1 consiste en recitar un trabalinguas : "As miñas guedellas". Está en tempo ternario (compás de tres por catro) e ten un ritmo moi sinxelo. Deberedes recitalo en tempo: lento, andante e prestissimo. A ver se sodes capaces de recitalo en prestissimo sen equivocarvos! Podedes retar a alguén de casa a facelo en prestissimo!

O último exercicio desa páxina consiste en colocar a letra debaixo da partitura para "Ratón que te pilla el gato". Se vos fixades no recitado anterior "As miñas guedellas" cada figura musical ten debaixo unha única sílaba, ou como moito dúas unidas co guión que é o fenómeno coñecido como sinalefa (admite a unión de palabra rematada en vogal con palabra que comeza en vogal tamén). Para ratón que te pilla el gato deberedes ter en conta esta regra de sílaba - nota para que a canción sexa cantable. Por último vós mesmos/mesmas decidiredes a que tempo interpretala: allegro, andante ou prestissimo. 


E ata aquí as propostas desta semana, para calquer dúbida escribide a artisticabembibreprimaria@gmail.com ou se queredes mandar foto das páxinas feitas.

Boa semana!





Música 4º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio).

Ola chicos e chicas! A semana pasada recibín algunha ficha interactiva no correo. Estades a facelo xenial!

Agora que xa tedes na casa o libro de música e a frauta imos repasar dúas notas que xa sabíades tocar nela: a nota mi grave e o fa grave. Tedes o recordatorio da súa colocación na páxina 50:


No caso da primeira canción "Dialogamos con la nota MI" facemos soamente as notas que aparecen en cor negro e agardamos en silencio nos compases 3, 4, 7, 8, 11, 12 15 e 16. Estamos nun compás de dous por catro, polo que tedes que respectar eses dous tempos en silencio en cada compás. A parte que está en vermello sería a "resposta" que neste caso tocaríaa eu, polo tanto non a tendes que aprender. 

A continuación aparece un exercicio para practicar cos xilófonos na aula, polo que ese exercicio ímolo saltar, xa que non podemos facelo.

Por último aparece a canción "Yo no sé". Podemos probar a aprender a parte correspondente á frauta (pentagrama superior). Primeiro de todo observamos a partitura. Debemos ter en conta varias cousas:

1. Está escrita nun compás binario (dous por catro).
2. A figuración empregada son negras, corcheas e ao final aparece un silencio de negra. 
3. Ao final da partitura aparecen os dous puntos antes da dobre barra de compás, isto significaba que temos que repetir desde o principio. 
4. Na frauta antes de tocala teño que saber colocar as notas: mi, sol, fa e la. Soamente esas 4 que son as que aparecen na partitura. 
5. Antes de poñerme a tocar directamente hai que ir paso a paso: primeiro anoto a lápis o nome das notas debaixo se o necesito (sempre é recomendable), palmeo o ritmo, solfexo a partitura, unha vez interiorizado o ritmo coas notas ditas en voz alta a un tempo correcto - que non ten que ser rápido - paso a colocar a frauta debaixo da boca (no queixo) e  movendo os dedos vou dicindo as notas que vou colocando na frauta ao tempo correcto e xa por último facémolo soprando.  


Por último, e non menos importante, por favor respectade o descanso dos vosos familiares e non toquedes a frauta en exceso, que nestes días fai falta tranquilidade e calma, algo ás veces incompatible con aprender a tocar a frauta. 

Música 3º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio)

Ola de novo! 

Esta semana posto que os que tiñades a frauta no cole xa vola fixeron chegar imos a retomar as cancións da páxina 48 do libro. Se lembrades, aprendimos na aula "la nota do'" e "romance" e mesmo algún e algunha comezara pola súa conta a aprender a última desa páxina "do, do, doo". Para esta semana repasade esas 2 e tratade de aprender a de "do, do, doo" soamente a parte que pon FLAUTA, porque a parte de abaixo que en vermello pon "X.B." significa Xilofono Baixo, que é o que temos no cole e polo tanto non imos poder practicar. 

Se vos saen ben estas 3 xa intentade aprender a parte de frauta soamente da páxina 49, soamente son 6 compases (super sinxelo!). Como o xoves xa nos imos ver por videoconferencia de novo calquer problema que teñades coa frauta ou dúbida xa mo comentades ese día e vémolo en directo. 

Por último, e non menos importante, por favor respectade o descanso dos vosos familiares e non toquedes a frauta en exceso, que nestes días fai falta tranquilidade e calma, algo ás veces incompatible con aprender a tocar a frauta. 


Música 2º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio)

Ola 2º A e 2º B!

Agardo que agora que podedes airearvos un pouquiño e xogar unha horiña ao día esteades moito máis contentos e recarguedes as pilas!

Aproveitando que xa tedes os libros na casa esta semana imos facer soamente unha páxina do libro de música moi sinxeliña: a páxinas 58.

Na páxina 58, que é esta de aquí, tedes que escoitar os "sons da primavera":


Como facemos isto? Moi fácil, podemos abrir a fiestra e escoitar con atención e anotar nun papeliño o escoitado (por exemplo: paxaros, o son do río, árbores en movemento...). Cada un anota o que escoite  tendo en conta que deben ser sons propios da natureza (non nos interesan os sons dos coches etc.). Aqueles que vivides nunha casa tedes moita sorte porque incluso podedes facelo ao aire libre. 

Boa semana!


Música 1º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio).

Ola de novo! Xa tedes os libros na casiña, pero de momento imos a retomar un pouco o baile e a danza porque despois de tantos días na casa é importante mover o corpo, así que imos facelo con esta canción tan divertida: "Boom chicka boom" ademais practicaredes inglés con ela. É moi fácil soamente tedes que repetir os xestos. 

Pasádeo en grande!


Plástica 5º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio).

Ola quinto! Retomamos unha semana máis os retos da raposa Fedella que nos axudan a coñecer un pouco máis sobre a arte. Ademais esta semana o reto está moi conectado coa danza.

Aquí vos vai: https://www.cidadedacultura.gal/gl/system/files/downloads/2020/04/fedella_danza_a_danzana_pintura.pdf

Saúdos.

Plástica 3º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio).

Ola! Esta semana deixo 2 propostas para que escollades soamente 1 delas (valorade que materiais tedes na casa, e pensade que moitos poden ser substituídos por outros como mais adiante explico...).

PROPOSTA 1: Portalapis Minion. 

Neste caso podemos empregar unha lata ou un envase con forma de cilindro. Se non tedes goma eva, pódese empregar cartulina. Tampouco é preciso facelo coa pistola de silicona, dependendo do material pode pegarse igualmente ou empregar algo que suxeite a base no interior. E se non tedes exactamente as cores que aparecen no vídeo podedes probar a facer o voso propio portalapis co que xa tedes na casa SEN NECESIDADE DE MERCAR NADA. Lembrade as 3 erres: reciclar, reutilizar e reducir!


PROPOSTA 2: Postal "En abril, aguas mil".

Pois si, xa é mala sorte que agora que podedes saír 1 horiña da casa teña que chover! Pero... e que xa o di o refraneiro, abril, é mes de chuvia. Pero imos tratar de seguir positivos e enviar unha mensaxe de ánimo cun paraugas moi colorido. Debaixo deste paraugas non hai quen se molle! 

So necesitades ver os dous primeiros minutos:



De novo, se non tedes folios de cores, simplemente pintade folios en branco de distintas cores e o efecto será o mesmo. 

Xa sabedes, escollede soamente un! E o portalapis pode ser moi distinto, animádevos a facelo persoal e orixinal co que teñades!





Plástica 2º (Semana do 27 de abril a 3 de maio)

Ola! Esta semana imos aprender a debuxar unha árbore ben chula, unha árbore moi fácil que nos sirva para que cada vez que queiramos facer unha paisaxe, ilustrar un conto... poidamos facer árbores rápido e ben, seguindo unha técnica xa aprendida.

Materiais: papel, lápis e goma (mais se queredes empregar outros tamén vale).


Plástica 1º (Semana do 27 de abril ao 3 de maio)

Ola rapaces e rapazas! Que tal estades?Agardo que agora que podedes dar xa paseíños e saír un ratiño a xogar esteades moito máis contentos e contentas :) 

Para esta semana imos retomar algo que fixemos no segundo trimestre... lembrades cando fixemos a xirafa cos tubiños de papel? Quedaran ben chulas, pois no seguinte vídeo tedes propostas para facer outros animais. Ás veces aparece a pistola de silicona para pegar as partes, pero con pegamento normal podedes facelo sen problema. 


Animádevos a facer algún animaliño esta semana. Encantaríame ver o resultado!

lunes, 20 de abril de 2020

Música 6º (Semana do 20 ao 27 de abril).

A festa dos maios e a música



Se existe unha festividade propia galega que une varias facetas artísticas esa é a festa dos maios. No seguinte vídeo explícanvos como inventar unha copla para os maios. Tomade nota e creade a vosa, indo pasiño a pasiño seguro que dades cunha copla xeitosa. 




Boa semana!

Música 5º (Semana do 20 ao 27 de abril)

Ola! Esta semana deixo unha nova ferramenta de composición musical que seguro que gustará. Trátase do SONGMAKER e funciona como se explica aquí:



Neste caso fixeron unha versión do coñecido tema de Queen, pero animádevos a probar as distintas opcións e compoñer vós pola vosa conta.

Podedes utilizala accedendo aquí sen necesidade de descargar nada: https://musiclab.chromeexperiments.com/Song-Maker/

Agardo que sexa divertido e creedes novas melodías e ritmos con ela.

Música 4º (Semana do 20 ao 27 de abril).

Ola chicos e chicas de cuarto!

Esta vez déixovos unha ficha interactiva moi sinxeliña. Non fai falta imprimila faise co propio ordenador e ao final hai a opción de mandarmo ao correo automáticamente sen necesidade de abrir o mail, polo que podo recibir a vosa ficha feita de maneira inmediata. 

Podedes facela aquí:

Boa semana. 

Música 3º (Semana do 20 ao 27 de abril).

Bo día terceiro! Primeiro de todo vouvos deixar aquí correxida a ficha da semana pasada:



Deixo a proposta de traballo para esta semana. É moi sinxela, tedes que colorear os instrumentos segundo o código. Sobre os instrumentos aparecen un círculo e un cadrado, aí non tedes que poñer nin pintar nada posto que sería para poñer o número da orde na que escoitamos os instrumentos(como facemos na clase). Soamente polo tanto teredes que pintar de verde se o instrumento é de percusión, de vermello se o instrumento é de corda e de amarelo se é de vento.

Coma sempre, se non hai posibilidade de imprimir animádevos a debuxalos! 




Boa semana.

Música 2º (Semana do 20 ao 27 de abril).

Bo día! Esta semana deixo que elixades unha entre estas actividades musicais. Facede a que máis vos guste. Se algún/algunha anímase a facer máis estupendo!

Hecho con Padlet

Música 1º (Semana do 20 ao 27 de abril).

Esta semana aprendemos unha canción nova: "Eu teño alguén". Seguro que moitos e moitas de vós estes días bota en falta ver aos amigos, a familiares e outros seres queridos... podemos cantarlles na distancia esta fermosa canción:



Apertas! :)

Plástica 5º (Semana do 20 ao 27 de abril).

Bo día! Esta semana retomamos os retos da raposa Fedella. Imos co segundo reto, ao final atoparedes as solucións pero a ver se sodes capaces de resolver o reto sen mirar!

Descargade aquí o reto:

https://www.cidadedacultura.gal/es/system/files/downloads/2020/04/fedellaparaiso_fichaartisticadescargable.pdf


Plástica 3º (Semana do 20 ao 27 de abril)

Esta semana imos traballar a figura dun xenio: Salvador Dalí.




Podedes visitar o museo Salvador Dalí de maneira virtual aquí: https://www.salvador-dali.org/es/museos/teatro-museo-dali-de-figueres/visita-virtual/

Saúdos!

Plástica 2º (Semana do 20 ao 27 de abril).


Bo día. 

Recomendo que vexades o seguinte vídeo: 





Imos centrarnos na figura de Shakespeare nesta ocasión. Quen foi?



Agora que xa sabedes algo máis del, e dado que este xoves celebramos o día do libro eu vouvos facer a miña recomendación. Neste caso vouvos recomendar un libro para colorear baseado nos textos de Shakespeare, no que aparecen algunhas frases do famoso escritor.


Déixovos ilustracións para colorear procedentes deste libro para que imprimades se queredes:



Eu xa rematei a miña como podedes ver:


Un saúdo e feliz día do libro!





Plástica 1º (Semana do 20 ao 27 de abril).

O xoves é o día do libro, podemos celebralo desde casa facendo algunha destas ideas tan divertidas:

martes, 14 de abril de 2020

Música 6º (Semana do 13 ao 19 de abril).



Moi boas! Arrancamos o terceiro trimestre, e como xa vos anticipa a imaxe anterior... comezaremos o trimestre coñecendo novos instrumentos musicais de distintos continentes e países. 

Anotade todo aquel que vos chame a atención e buscade máis información del.

Instrumentos de África



Instrumentos de Asia central e oriental



Instrumentos do Sudeste asiático



América central e do sur


Oceanía



Oriente Medio




Cal vos chamou máis a atención? 

Cantos instrumentos coñeces agora? Seguro que un montón! 







Música 5º

Esta semana voltamos viaxar polos museos do mundo adiante, pero esta vez imos a un museo especial: o museo de instrumentos musicais de Phoenix, Estado de Arizona (Estados Unidos). 

Grazas a Google maps podemos ver todos os instrumentos que ten dentro que son de distintas épocas e culturas. Dade unha volta con calma, e intentade reflexionar se cada un dos que vedes son... cordófonos, membranófonos, idiófonos, electrófonos ou aerófonos (tal e como xa estudiamos dacordo á nova clasificación). 

Desfrutade da viaxe desde a casiña! Facede click aquí: https://www.google.com/maps/@33.6672437,-111.9785815,2a,75y,181.98h,89.4t,0.55r/data=!3m6!1e1!3m4!1snsrDQK0ALdsebdvYaX8eiQ!2e0!7i13312!8i6656

Agardo que vos guste tanto como a min!

Música 4º (Semana 13 a 19 de abril).

Buenas!

Esta semana conoceremos un poco sobre un compositor emblemático: Beethoven. Ya habréis escuchado hablar de él en numerosas ocasiones, puesto que es uno de los compositores más importantes de toda la historia de la música. Pero esta vez conoceréis a Beethoven a través de una página del museo dedicado a su figura que nos permite adentrarnos hasta en la que fue su casa, donde todo cobra vida! Anotad los sonidos que escuchéis pulsando encima de los objetos... ya veréis que chulo!





Música 3º


Hola de nuevo! 

Esta vez os dejo dos fichas para imprimir... una es para que coloquéis los nombres de las notas y escribáis los nombres de las partes del metalófono. Para esto último os dejo unas pistas:

1. No tocamos los instrumentos de percusión con "palos" su nombre empieza por "ba........."
2. La parte de madera es común en muchos instrumentos, se llama "caja de........?"
3. Cada una de las piezas de un instrumento de placa recibe el nombre de lámi.....?"


La segunda ficha es un "cubo musical" para recortar y pegar. Aparecen distintos istrumentos musicales, ¿conoces el nombre de todos ellos? 



En caso de no tener impresora en casa podéis probar a dibujarlo. 

Saludos.




Música 2º


Ola nenas e nenos de segundo! Agardo que sigades todos ben na casiña coas vosas familias. 

Empezamos un terceiro trimestre musical hoxe, con novos retos que espero que vos gusten. Estas semanas pasadas houbo bailes, interpretación con percusión, moito ritmo... para esta semana imos probar algo novo: construír un instrumento musical con material de refugallo. 

Para iso deixo dúas propostas dunha profe que vai explicando paso a paso a forma de facelos desde o principio. 

O primeiro instrumento, que ela chama "marañuelas" son unha especie de maracas (pero se estades a pensar nas típicas maracas feitas con dous vasos e lentellas dentro.... STOP! nada que ver, estas son mooooooooito máis chulas). Comprobádeo: 





Hai materiais que ela emprega que seguramente non teñades na casa, como por exemplo a "tea de encadernar" que leva adhesivo detrás, pero con pegamento normal e papeis doutro tipo poderedes conseguir o mesmo efecto. 



De todos xeitos, en caso de que non teñades ningún destes materiais podedes seguir experimentando coas culleres e precisaredes simplemente papel, cinta adhesiva e culleres mesmo das que son dun único uso: 





Este sería o segundo instrumento :) 


Boa semana!

Música 1º


Ola! Para a actividade musical desta semana necesitaredes: 

1. Folios das seguintes cores: verde, amarelo, azul e vermello. Se non tedes, non hai problema, podedes pintar folios en branco facéndolles unha cruz desas cores para identificalos ou aplicando a técnica de arrastrar a cera sobre o folio. 

2. As vosas mans.

3. A vosa atención, moi importante isto último!

Trátase de facer a percusión coas mans como se ve neste vídeo: 




Probade a facelo sen equivocarvos! 









Plástica 5º


Ola! Agardo que esteades todos ben. Para iniciar este terceiro trimestre imos traballar a figura dun xenio: Van Gogh. Seguro que xa coñecedes algunha das súas obras, pero imos coñecer algunha curiosidade a maiores. Lede o conto a continuación e as curiosidades: 





Podedes seguir coñecendo curiosidades sobre Van Gogh no museo que leva seu nome e que se atopa en Amsterdam. 

Para aqueles que teñades impresora na casa propoño que elixades un dos cadros de Van Gogh entre os seguintes para colorear ao voso gusto (pedide a un familiar que volo imprima): https://www.vangoghmuseum.nl/en/whats-on/children-and-families/van-gogh-colouring-pages?v=1

A tarefa consiste en que me enviedes a través dun adulto o voso cadro de Van Gogh coloreado, ou en caso de non ter impresora debuxedes nun folio un cadro de Van Gogh ao voso estilo (materiais e técnicas que prefirades). 



Boa semana!





Plástica 3º (3º trimestre)


Bo día terceiro!
 Arrancamos este terceiro trimestre, e para facelo imos tratar de empezar concentrados no que facemos e niso a arte pode axudarnos moito. Vouvos deixar unhas imaxes de mandalas para colorear en calma e concentrados. Un mandala é un tipo de representación procedente da cultura India que ten forma circular e que contén dentro distintos patróns xeométricos e de liñas. Hai moitísimos na rede e libros adicados a isto, tamén podedes probar a crear o voso propio mandala. Polo de pronto déixovos unha selección deles a continuación, elexide un (se hai impresora na casa pedide a un familiar que volo imprima e xa poderedes colorealo ao voso gusto). De non ter impresora podedes crear o voso propio mandala, cun compás ou obxectos de forma circular. 


Mandalas para elexir e imprimir: https://imprimemandalas.com/ninos/


Tamén podedes colorealos online aquí: https://mandalas.dibujos.net




Plástica 2º (Semana 13 - 19 de abril)

Bo día!

Comezamos o terceiro trimestre creando as nosas propias personaxes a partis das marcas que deixan os nosos dedos! Posiblemente non teñades pintura de dedos na casa, pero non vos preocupedes, podedes probar con outra clase de tintas para pintar a vosa pegada dactilar, calquera que poida deixar cor sobre un folio branco... iso si, agora máis que nunca, non esquezades lavar as vosas mans! 


Plástica 1º (Semana 13 a 19 de abril)

Bo día nenos e nenas de primeiro!

Comezamos o terceiro trimestre, para iso vos propoño a seguinte actividade tan chula e que poderedes pasalo moi ben mentres a poñedes en práctica. Imos crear monstruos de dous tipos: alongados e redondiños, proba con estes consellos: